InicioEconomíaA Xunta acóllese a unha excepción legal para autorizar tres parques eólicos...

A Xunta acóllese a unha excepción legal para autorizar tres parques eólicos que abastecerán a Alcoa

A planta de metanol verde que promoven Iberdrola e Foresa en Begonte (Lugo), declarada "iniciativa empresarial prioritaria"

Publicada o

- Advertisement -

Xunta acollerase “ás excepcións” que permiten a lexislación para autorizar tres parques eólicos de Greenalia que fornecerán electricidade á planta de Alcoa San Cibrao, en Cervo, e así “abaratar a súa factura eléctrica” co obxectivo de que “retome a súa actividade” canto antes.

Así o avanzou o presidente galego, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do seu goberno, na que se autorizou a “declaración de excepcionalidade” deste proxecto eólico –como xa o fixo cos aeroxeradores que fornecerán á planta de Showa Denko, na Coruña– pola súa “clara incidencia” na economía e polo seu labor como “vertebrador” do territorio. Son dúas condicións que, segundo afirmou, a planta de Alcoa cumpre “sen dúbida”.

Os parques de Borrasca, Monzón e Xistra situaranse, por tanto, en zonas non contempladas no plan sectorial eólico de Galicia. Con todo, Rueda asegurou que “cumpren” coa legalidade vixente. Todos eles superan os 50 megawatts de potencia instalada, polo que a continuación dos trámites corresponde ao Goberno central.

Neste contexto, o presidente da Xunta solicitou á Estado “sensibilidade” con este tres proxectos que permitirán a Alcoa San Cibrao ter un “prezo competitivo” despois de parar a produción de aluminio primario ata 2024 debido ao custo que lle xeraba a electricidade.

Non en balde, Alfonso Rueda lembrou que a Administración autonómica xa concedeu este ano unha axuda de 985.000 euros á planta situada en Cervo para mellorar a súa eficiencia enerxética cunha iniciativa na que a compañía investirá uns 3,4 millóns.

PROXECTO DE IBERDROLA E FORESA EN BEGONTE

A maiores, o Consello da Xunta aprobou este xoves declarar como “iniciativa empresarial prioritaria” o proxecto que promoven Iberdrola e Foresa para instalar unha planta de metanol verde en Begonte.

Esta distinción permitirá reducir os tempos de tramitación destas instalacións que, segundo destacou o presidente galego, suporá un investimento de máis de 500 millóns de euros e unha produción anual de 100.000 toneladas de metanol verde para empregalo na fabricación de colas, resinas e adhesivos.

Rueda confía en que este proxecto de Iberdrola e Foresa poidan acceder a fondos europeos, xa que “encaixa co espírito” dos plans de recuperación deseñados por parte do Goberno de España.

Por outra banda, o Goberno galego autorizou o cambio de titularidade da Deputación de Lugo ao Concello de Begonte da estrada provincial LU-P-0801, que comunica o núcleo urbano do municipio con Veigas de Baltar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...